Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Mercado da Verdura volverá encher mañá o Cárcere Vello en Tui

29/11/2014

Venres, 28 de novembro de 2014.  O Mercado da Verdura volverá enchera mañá de 10 a 14h o Cárcere Vello no Conxunto Histórico de Tui. Os consumidores poderán atopar produtos ecolóxicos de temporada coma cabazas, repolos, cebolas, pementos, mestura de ensaladas, puerros, acelgas e froitas comas mazás ou kiwis.

 

O Mercado da Verdura está organizado polo Concello de Tui xunto a APEGA, a Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia, e Foro Tude.