Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Mercado dos xoves en Tui estivo hoxe condicionado polas adversas condicións meteorolóxicas

16/01/2015

 

Xoves, 15 de xaneiro de 2014. Está mañá celebrouse en Tui un novo mercado semanal dos xoves coma vén acontecendo ao longo das últimas décadas. As adversas condicións meteorolóxicas , choiva e vento, impediron a boa parte dos vendedores exercer a súa actividade aínda que si montaron os seus postos e agardaron para expor a mercadoría a unha lixeira melloría no tempo. Entre os vendedores que hoxe estiveron de novo no mercado tudense están os xitanos zamoranos que nunha alta porcentaxe instalaron os seus postos a primeira hora tras semanas de ausencia. Finalmente as malas condicións impediron continuar coa feira.