Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Servizo de Prevención das Drogodependencias do Concello de Tui celebra o Día Mundial da Loita contra a SIDA con distintas actividades

1/12/2014

 

Luns, 1 de decembro de 2014. O Servicio de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui, co gallo do Día Mundial da loita contra a SIDA que se celebra hoxe luns,1 de decembro, colgará  unha pancarta na fachada da Área Panorámica, ofrecendo a información a todos os cidadáns sobre a SIDA. Ademáis desenvolvéranse nos Institutos de Tui, talleres para  promocionar estilos de vida e formas de diversión saudables, desmitificar falsas crenzas e mala información, permitirlle aos individuos estar a cargo da súa saúde e non ser pasivos, fomentar no marco asociativo xuvenil o desenvolvemento de estilos de vida saudables e ofrecer formación acerca desta enfermidade.

 

O Servicio de Prevención  das Drogodependencias do Concello de Tui, dentro desta campaña, esta pasada fin de semana, en colaboración cos pubs de Tui levouse a cabo o reparto de preservativos, carteis, dípticos,  e folletos informativos sobre esta enfermidade.