Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Os nenos e nenas poden disfrutar, dende hai semanas, dunha tirolina e un tobogán no Paseo Fluvial de Tui

5/01/2015

 

O investimento foi subvencionado pola Deputación de Pontevedra

 

Venres, 2 de xaneiro de 2015. Os nenos e nenas de Tui que nestes días están de vacacións escolares poden gozar no Paseo Fluvial, a carón do Parque do Penedo da tirolina e do tobogán instalado hai xa unhas semanas polo Concello de Tui.  A colocación destes dous elementos foi posible graza a achega de 26.093,15 euros realizada pola Deputación de Pontevedra con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos.

 

Unha das nenas que estes días disfruta tanto da tirolina coma do tobogán é Elma que en reiteradas ocasión fixera esta solicitude directamente ao alcalde de Tui.

 

Tamén neste curso escolar 2014/15 o alumnado do CEIP nº2 estreou un novo parque infantil, orzamento en 34.364,91 euros, financiado tamén pola Deputación provincial con cargo do Plan Provincial de Obras e Servizos.