Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A piscina municipal de Tui pechará este domingo tras rexistrar 5 mil usuarios no verán

18/09/2014

 

Mércores, 17 de setembro. Despois de dous meses e medio de actividade, as piscinas municipais pecharán ao público o próximo domingo 21, nun verán marcado pola inestabilidade meteorolóxica. Estas instalacións rexistraron preto de 5 mil usuarios neste verán tanto tudenses coma turistas que acudiron ás piscinas segundo se reflicte tras contabilizar as entradas vendidas durante o período de apertura. Segundo estes datos rexistrouse unha media de 65 persoas por día.

 

Os prezos de acceso á piscina mantivéronse iguais que en 2013 sendo a entrada individual adulto de 2€ e a infantil de 1,5€. O horario de apertura é de luns a venres de 13 a 21h e os sábados, domingos e festivos de 12 a 21h, ampliándose nunha hora diaria pola semana e en dúas nas fins de semana con respecto a temporadas anteriores.