Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do proxecto “Convivindo cos animais”

13/09/2014

Venres, 12 de setembro de 2014. O próximo luns, 15 de setembro, ás 11h, terá lugar no salón de sesión da Casa do Concello de Tui a presentación do proxecto “Convivindo cos animais” que se vai desenvolver nos colexios de Tui.  Este proxecto é froito da colaboración entre o Concello de Tui e a Rede para o benestar animal “La Libélula”.

 

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a concelleira de Educación, Vanesa Rodríguez, e as coordinadoras da rede “La Libélula” Patrizia Acebes e Rita Sanchez.