Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Saen a licitación tres obras a executar no Concello de Tui ao abeiro do PUSIM que suporán un investimento superior aos 500 mil euros

11/03/2015

 

Martes, 10 de marzo de 2015. O Concello de Tui informa ás empresas interesadas que  dende hoxe, 10 de marzo, e durante 26 días naturais, está aberto o prazo de presentación de ofertas para a realización das obras do PUSIM, Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais da Deputación de Pontevedra, en Tui. O orzamento conxunto das tres obras que saen a licitación supera os 516 mil euros.

 

Onte luns, 9 de marzo, apareceu publicado no Boletín Oficial da Provincial de Pontevedra, o anuncio o anuncio de licitación para a obra de "Arranxo da tarima do Paseo Fluvial de Tui" cun orzamento total de 100.183,62€. Por outra parte tamén apareceu publicado no BOP a licitación da obra para a "Reposición do pavimento na N-550, Guillarei-Tui" cun importe total de 130.387,46€ e para o "Mantemento e mellora de pavimentos no Concello de Tui" cun orzamento total de 286.344,76€.

 

As empresas interesadas en presentar as súas ofertas para a execución dalgunha destas tres poden consultar as bases de licitación na web www.concellotui.org ou no Boletín Oficial da Provincial do 9 de marzo. Poderán presentar as súas solicitudes no prazo de 28 días naturais, contados dende hoxe, no Rexistro Xeral do Concello de Tui.