Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui acende mañá sábado ás 18h o seu alumeado de Nadal

5/12/2014

 

Venres, 5 de decembro de 2014. Mañá sábado, 6 de decembro, ás 18h terá lugar o acendido do alumeado de Nadal no Concello de Tui. As luces navideñas lucirán na cidade, coma é tradicional, ata o 6 de xaneiro. Está xa instalados 125 arcos e rótulos de Nadal realizados en estrutura de aluminio e microbombillas de led e fío luminoso de led que reduce substancialmente os consumos de enerxía eléctrica. Tamén un ano máis se instalou o nacemento luminoso na Praza da Inmaculada e iluminouse o abeto na intersección entre o Paseo da Corredoira e a Avenida da Concordia. Precisamente nesta rúa reforzouse o número de arcos con respecto a outros anos.

 

O Concello de Tui mantén a súa aposta por este decorado das rúas mantendo o mesmo orzamento, 30 mil euros, que nos últimos anos ao considerar que este investimento repercute positivamente no comercio e na hostalería local e contribúe a crear un ambiente festivo propio destas datas.