Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Máis de 250 deportistas de Galicia e Portugal participarán o sábado na XLI Regata Miño Internacional

Undefined

 Máis de 250 deportistas participarán este sábado na XLI Regata Miño Internacional Memorial José Luís Méndez que se celebrará en augas do río Miño entre Currás, Tomiño, e Tui.

Esta proba deportiva foi presentada esta mañá na casa do concello polo alcalde de Tui en funcións e concelleiro de Deportes, Rafael Estévez o presidente do Club Remo do Miño, Manuel Ángel González, o vicepresidente do club, Luís Moroño, a secretaria Auri Gil, e polo o Comandante Naval do Miño, Pablo Redondo. Tamén estivo presente o concelleiro de Servizos Sociais e Medio Ambiente, Ismael Diz.

Mañá preséntase a IX Eurocidade BTT

Undefined

Mañá xoves, 17 de marzo, ás 12.00 horas españolas, na Pousada de San Teotonio, en Valença, presentarase a IX Eurocidade BTT, proba ciclista de montaña, organizada pola Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Ciclismo, subvencionada polo programa operativo Interreg. A Eurocidade BTT celebrarase este próximo domingo 20 de marzo.

Este mércores presentación da XLI Regata Miño Internacional

Undefined

Este mércores, 16 de marzo, ás 11.00 horas, no salón de plenos da casa concello de Tui, terá lugar a presentación da XLI Regata Miño Internacional, que se celebrará no río Miño, este sábado 19 de marzo. Está organizada polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui, co Deporte Galego da Xunta de Galicia, coa Deputación de Pontevedra e coa Federación Galega de Remo.

Raid TT Eurocidade

Dentro do calendario deportivo da Eurocidade en marzo e abril vaise realizar o RAID TT Valença organizado polo club TRacçao ás 4 xunto á Eurocidade Tui-Valença.

O sábado 26 de marzo terá lugar o RAID TT na modalidade de motos e o sábado 30 de abril para os jeeps. 

 

Escape Room Estrelas

APRAZADO debido á previsión de choiva

O domingo 13 de marzo, ás 11 h con punto de inicio na Praza de San Fernando celebrarase experiencia de escapismo feminista "Estrelas"

Esta actividade, organizada pola Concellería de Igualdade coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Tui, forma parte do programa organizado entorno ao 8M, Día Internacional das Mulleres.

A IX Eurocidade BTT abre inscricións

Undefined

A partir das 00.00 horas de maña, sábado 12 de febreiro, estarán abertas as inscricións para a novena edición da Eurocidade BTT, proba ciclista de montaña, organizada pola Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e subvencionada polo proxecto INTERREG UNICIDADE VALENÇA-TUI. Celebrarase o domingo 20 de marzo, con saída as 09.00 horas españolas, dende a piscina municipal de Valença.

O xurado da Gala do Deporte decidiu os Premios do Deporte Tudense 2020 e 2021

Undefined

.  Dende o mes de novembro o xurado da Gala do Deporte Tudense ven traballando para retomar este evento e así poder recoñecer os éxitos deportivos dos nosos clubs e deportistas. De feito, a intención era facer unha gala a finais do pasado mes de  xaneiro, onde entregar os Premios Deporte Tudense dos anos 2020 e 2021, pero a incerteza a hora de poder marcar unha data de celebración xa que se descoñecía a evolución que ía ter a pandemia impediu poder organizar a gala coa suficiente antelación que garantir a realización da mesma co mesmo nivel de calidade que en anteriores edicións

O Concello de Tui investiu 30 mil euros de fondos propios en obras de reforma do Pavillón Deportivo Municipal Vello

Undefined

O Concello de Tui vén de investir ao redor de 30 mil euros en obras de mantemento no Pavillón Deportivo Municipal Vello.  O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, e outros membros da corporación municipal, visitaron onte á tarde as instalacións tras a reforma realizada. No momento da visita estaban a adestrar distintas categorías do Club Baloncesto Tui. Este é un dos clubs que adestra e compite nestas instalacións xunto a A Quinta de Tui F.S. e o C.D. Tui F.S.

Suspendida a 1ª San Silvestre Popular de Tui

Undefined

A 1ª San Silvestre Popular de Tui que se ía celebrar este venres, 31 de decembro, pola mañá vén de ser suspendida ante a actual incidencia da covid tanto a nivel de Galicia, da Área Sanitaria de Vigo coma do propio municipio de Tui.

O Concello de Tui vén de acordar a suspensión desta proba non competitiva xa que suporía a reunión de máis de 350 persoas, que estaban xa inscritas, e tendo en conta a actual situación epidemiolóxica e o carácter non só deportivo senón tamén lúdico da proba, consideran que é a decisión máis acertada.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes