50 Descenso Internacional do Miño
O sábado, 21 de agosto, celebrarase en augas do río Miño a 50 edición do Descenso Internacional do Miño organizado polo Club Kaiak Tudense. co patrocinio entre outras entidades do Concello de Tui. Nesta edición recupérase as saída dende terra, un dos momentos máis espectaculares da competición. Será ás 18.30 h dende Salvaterra de Miño. Os padeeiros e padeeiras en C1, C2, K1 e K2 terán que completar os case 14 quilómetros de percorrido até cruzar a liña de meta situada fronte ás gradas na rúa Olímpicos Tudenses.