Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Presentación do Campionato Autonómico Sub11 de bádminton

Undefined

Mañá xoves,  17 de xuño, ás 12.00 horas, na sala de concelleiros da casa do concello de Tui, realizarase a presentación do Campionato Autonómico Sub11 de bádminton. Esta proba celebrarase este sábado, 19 de xuño, no pavillón do IES San Paio de Tui.

Na presentación participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o presidente da Federación Galega de Bádminton, Rodrigo Sanjurjo, e a presidenta e o secretario do Club Bádminton Tui, Marisa Giraldez e Javier Argüelles.

Hoxe abre o prazo de inscrición no Campamento de Verán “Igual é +” Tui 2021

Undefined

O Concello de Tui, a través das concellerías de Igualdade e Deportes, realizará durante o mes de xullo o Campamento de Verán “Igual é +” Tui 2021.

Este campamento vai destinado aos nenos e nenas e mozos e mozas de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas antes do inicio de cada quenda).

A piloto Leticia López e a copiloto María Martínez foron recibidas na casa do concello

Undefined

Esta mañá foron recibidas na casa do concello as tudenses Leticia López e María Martínez, piloto e copiloto de Rallys. Cun Peugot 107 están a competir no campionato galego no Open Donas. Hai un días participaban no Rally da Coruña, e o próximo sábado, 19 de xuño, participarán no Rally de Pontevedra. 

O alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, e a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, trasladáronlles as súas felicitacións polos resultados acadados. 

Tui acolle esta fin de semana a Final Four de Baloncesto infantil masculino na que o CB Tui busca a clasificación ao Campionato de España.

Undefined

O Vello Pavillón de Tui acolle esta fin de semana a Final Four de Baloncesto na que o equipo infantil masculino do Club Baloncesto Tui disputará mañá sábado, a clasificación para o Campionato de España que se celebrará en Betanzos.

A competición foi presentada esta mañá na casa do concello polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o responsable da área de Vigo da Federación Galega de Baloncesto, José Luís Pérez, e o presidente e director deportivo do CB Tui, Nicolás Lorenzo e Javier Niño.

Presentación da Final Four de Baloncesto no que o equipo infantil masculino xogará pola clasificación ao Campionato de España.

Undefined

Mañá venres, 28 de maio, ás 10.00 horas, na sala de concelleiros do Concello de Tui, terá lugar o acto de presentación da Final Four na que o equipo infantil masculino do Club Baloncesto Tui disputará o sábado 29, a clasificación para o Campionato de España.

Mañá preséntase o XI Enduro Cidade de Tui e Trofeo Ibérico Eurocidade que se disputará este domingo

Undefined

Mañá xoves, 27 de maio, ás 11.00 horas, na sala de concelleiros da casa do Concello de Tui, terá lugar o acto de presentación do XI Enduro Cidade de Tui e Trofeo Ibérico Eurocidade. Esta proba de motociclismo disputarase en Tui este domingo 30.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes