Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Tui será o punto de partida da peregrinaxe a remo

Undefined

Tui será o punto de partida do proxecto de Peregrinaxe a Remo que esta tarde foi presentado na casa do concello polo alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Deportes, Andrés Urseira, o promotor do proxecto Rodrigo Arbones, o deseñador de barcos en kit, Alec Jordan, xunto a representantes dos clubs de Remo de Tui, Bueu e Cangas.

Tui será sede de dúas probas do Circuíto Galego de Bádminton

Undefined

Este domingo, 21 de xaneiro, o pavillón do IES San Paio de Tui, será sede da primeira das dúas probas do Circuíto Galego de Bádminton que se celebrarán en Tui, organizada polo Club Bádminton Tui, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Bádminton.

Dende as 10.00 horas, a competición se dividirá en dúas categorías, Sub11 e Sub17, participando os xogadores e as xogadoras tanto en formato individual, como en mixto.

A segunda proba que se disputará no Concello de Tui será o sábado 10 de febreiro, sendo ambas probas puntuables para o ranking nacional.

Mañá preséntase no Concello de Tui o proxecto “Peregrinaxe Marítima a Remo”

Undefined

Mañá, mércores 17 de xaneiro de 2018, ás 17 horas terá lugar na sala de concelleiros da Casa do Concello de Tui a presentación do proxecto “Peregrinaxe Marítima a Remo”. Trátase dunha iniciativa co obxectivo de crear unha flota de barcos coas que realizar a viaxe a remo seguindo no posible o Camiño pola Costa, dende as Rías Baixas ata Padrón.

Estarán presentes Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui, e Andrés Urseira González, concelleiro de Turismo e Deportes do Concello de Tui, xunto a Alec Jordan, promotor do proxecto.  

Preto de 300 deportistas participan este domingo na Regata Internacional do Miño

Undefined

Esta mañá tivo lugar na sala de concelleiros de Tui a presentación da XIV Regata Internacional Copa presidente da Deputación e 38º Regata Miño Internacional. O evento celebrarase o domingo 14 de xaneiro e sairá dende Currás, Tomiño, para chegar ás instalacións do Club Remo do Miño en Tui.

Na presentación interviron Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui; Andrés Urseira González, concelleiro de Deportes; José Luís Méndez García, presidente do Club Remo do Miño; así como José Prada Álvarez e Manuel Ángel González, vicepresidente e delegado do mesmo.

Mañá venres preséntase a XIV Regata Internacional Copa presidente da Deputación

Undefined

Mañá venres, 12 de xaneiro, ás 11 horas, na sala de concelleiros de Tui, terá lugar a presentación da XIV Regata Internacional Copa presidente da Deputación, 38º Regata Miño Internacional. O evento celebrarase o domingo 14 de xaneiro e sairá dende Currás, Tomiño, para chegar ás instalacións do Club Remo do Miño en Tui.

Estarán presentes Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui; Andrés Urseira González, concelleiro de Deportes; José Luís Méndez García, presidente do Club Remo do Miño; así como José Prada Álvarez e Manuel Ángel González, vicepresidente e delegado do mesmo. 

Declaración Descenso do Miño Festa de Interese Turístico

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2017 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 26 de outubro de 2017, polo que se declara festas de interese turístico de Galicia o Descenso Internacional do Miño.

«Declarar festas de interese turístico de Galicia, de conformidade co establecido no Decreto 4/2015, do 8 de xaneiro, polo que se regula a declaración de festas de interese turístico de Galicia, as seguintes:
– Descenso Internacional do Miño (Pontevedra).

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes