Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Cristina Soutelo, María León e Pedro Vázquez recibiron onte o Premio Deportista Tudense

Undefined

A padeeira Cristina Soutelo, a futbolista María León, e o padeeiro Pedro Vázquez Llenín recibiron onte á noite o Premio Deportista Tudense na categoría absoluta na Gala do Deporte celebrada no Teatro Municipal de Tui. Un evento no que se recoñeceu os éxitos do deporte tudense e se puxo en valor o patrimonio natural do municipio, que constitúe un magnífico escenario para a práctica deportiva tanto a nivel afeccionado coma profesional.

Mañá entréganse os Premios Deporte Tudense 2023

Undefined

O deporte tudense celebrará a súa festa anual mañá venres, 1 de decembro, ás 20.30 h no Teatro Municipal, coa Gala do Deporte Tudense na que se entregarán os Premios Deporte Tudense 2023 nas distintas categorías deportistas promesa feminina e masculina, deportistas veterana feminina e masculina, deportista sénior feminina e masculina, adestrador, club deportivo e club deportivo de base, firma comercial, deporte adaptado e mención especial.

Este venres, 1 de decembro, abre a inscrición para a II San Silvestre de Tui

Undefined

Este venres, 1 de decembro, abrirá o prazo de inscrición para participar na II San Silvestre Tudense, que se celebrará o día 31 de decembro, a partir das 10.30 horas, dende o Paseo da Corredoira. Este evento está organizado polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui, en colaboración coa Policía Local de Tui, Protección Civil de Tui, Radio Municipal de Tui e varias empresas tudenses. Agárdase un novo éxito de participación superando a cifra de 500 persoas que a edición pasada realizaron a San Silvestre.

II San Silvestre Tui

O domingo, 31 de decembro, ás 10.30 h con saída dende o Paseo da Corredoira celebrarase a II San Silvestre de Tui. Será unha proba solidaria en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. 

Este evento está organizado polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui, en colaboración coa Policía Local de Tui, Protección Civil de Tui, Radio Municipal de Tui e varias empresas tudenses.

Tui, O Camiño do Nadal

Do 1 de decembro de 2023 ao 5 de xaneiro de 2024 celebrarase a programación "Tui, o Camiño do Nadal".

Acendido Alumeado & Decoración de Rúa

Venres, 1 de decembro, no Paseo da Corredoira

  • 17.00 h Animación infantil con Barafunda
  • 17.00 h Inauguración Mercado de Nadal
  • 18.30 h Acto inauguración alumeado
  • 19.00 h Actuación de Arrancaxestas de Ribadelouro

 

Sábado, 2 de decembro,  no Paseo da Corredoira

  • Ás 19.00 h Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro

 

VII Urban Trail Night Eurocidade

O sábado, 25 de novembro, celébrase a sétima edición da Urban Trail Night Eurocidade, unha proba única por ser un trail urbano, que se celebra de noite e que une dous países. Na edición de 2023 agardan chegar aos 500 deportistas inscritos. 

Haberá, ao igual que o ano pasado, dúas distancias de 8 e 16 Km. Amais a Urban Trail Night Eurocidade, sumarase aos actos do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que ademais coincidirá exactamente coa data da carreira, o 25 de Novembro. 

Preto de medio millar de persoas participarán este sábado no VII Urban Trail Night Eurocidade

Undefined

Preto de medio millar de persoas participarán este sábado, 25 de novembro, no VII Urban Trail Night Eurocidade, que partirá ás 19.30 h do Centro Coordenador de Transportes de Valença, e cuxa liña de meta estará situada no Paseo da Corredoira en Tui. Contará, ao igual que en 2022, con dúas distancias 8 quilómetros e 16 quilómetros. A inscrición está aberta até ás 23.59 h deste mércores, 22 de novembro, en www.deporticket.com e en www.lap2go.com.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes