Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Mañá preséntase o XIX Play Doc que se vai celebrar do 26 de abril ao 1 de maio

Undefined

Mañá, venres, 21 de abril, ás 11 h terá lugar no Teatro Municipal de Tui a presentación da 19º edición do Festival Internacional de Cine de Tui, Play-Doc, que se vai celebrar do mércores 26 de abril ao luns 1 de maio. 

Participarán na presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o director da AGADIC, Jacobo Sutil, a deputada de Cultura e Igualdade, Victoria Alonso e o codirector do festival, Ángel Sánchez.

 

A Biblioteca Municipal acolle a Mavi, a maleta viaxeira contra a violencia de xénero

Undefined

Mavi, a maleta viaxeira contra a violencia de xénero, está até finais de mes na Biblioteca Municipal de Tui. É unha iniciativa promovida pola Unidade contra a Violencia sobre a Muller da subdelegación do Goberno en Pontevedra que conta neste caso coa colaboración da concellería de Igualdade do Concello de Tui e da Biblioteca Pública Municipal.

A Feira Cabalar, concertos, verbena con Panorama e a procesión de San Telmo xunto á tirada de fogos piromusicais para despedir as festas de 2023

Undefined

Mañá, Luns de San Telmo e festivo local en Tui, será o día grande das festas na honra ao patrón de Tui e dos mariñeiros, cun amplo programa ao longo da xornada coa feira cabalar, os actos relixiosos, os concertos, a verbena…

Tui agarda miles de persoas na fin de semana grande das Festas de San Telmo

Undefined

Tui agarda esta fin de semana a miles de persoas nas festas de San Telmo, declaradas de interese turístico galego, que se celebran até este luns, 17 de abril, Luns de San Telmo, festivo local na cidade.

A programación festival comezará mañá domingo coa Andaina de San Telmo que sairá ás 10 h praza da Inmaculada. O medio centenar de persoas inscritas realizarán  un percorrido polo centro urbano.

Fotografía do século XIX este domingo e luns de San Telmo en Tui con Lab on Wheels

Undefined

Os ferrotipos, unha técnica fotográfica do século XIX, estará presente este domingo e luns na praza da Inmaculada da man do fotógrafo ambulante da empresa Lab on Wheel.  Coincidindo coas festas de San Telmo emúlase a presenza dun fotógrafo ambulante en Tui hai cen anos  segundo recollía daquela o xornal tudense La Integridad.

Deporte, música, actividades infantís, verbenas e concertos no sábado de San Telmo

Undefined

Tui prepárase para vivir e gozar a gran fin de semana das Festas de San Telmo. Mañá sábado haberá deporte, música, actividades infantís, verbenas e concertos.

A xornada comeza con deporte coa celebración a partir  11 h, no Paseo da Corredoira, da Carreira Popular de San Telmo que bate record de participación con 738 persoas inscritas. É solidaria con SOS Tomiño Baixo Miño, xa que as persoas inscritas entregan un quilo de alimentos na recollida do dorsal.

Paco Nogueiras, o grupo de Teatro Aloia, a orquestra Olympus e o grupo Old Bridge protagonizan o venres de San Telmo

Undefined

Mañá venres día 14 comeza a fin de semana grande das Festas de San Telmo en Tui con propostas musicais, teatro, e animación infantil.

Ás 18:00 h, na carpa do Paseo da Corredoira, o público infantil terá cita co espectáculo de Paco Nogueiras “C@nto contigo”, no que, con palmas, sinais e a voz dos e das asistentes creará música en galego para todos os públicos, dun xeito cómico e cercano.

Medio millar de alumnos e alumnas participan mañá venres no XIV Tui Le

Undefined

Maña venres pola mañá celebrarase na carpa situada no Paseo da Corredoira o XIV Tui Le. Esta iniciativa está promovida pola Biblioteca Pública Municipal de Tui  xunto coas bibliotecas escolares dos centros educativos de Tui e coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Trátase dunha xornada de actividades arredor do libro e a lectura que se celebra anualmente.

O MUMI 2023 volverá conectar artistas e profesionais da industria musical de Galiza e Portugal en setembro

Undefined

O encontro profesional das músicas do Minho xa ten datas para a edición 2023. Artistas, axencias, empresas, profesionais da xestión cultural, xornalistas e público xeral teñen unha nova cita na Eurocidade Valença-Tui do xoves 21 ao domingo 24 de setembro. Esta edición amplíase a catro días de música e encontros profesionais que terán lugar en localizacións emblemáticas de ambos municipios e que converterán de novo á Eurocidade nun polo de intercambio cultural e económico entre os dous países.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura