Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Noite internacional do Miño

O Parque do Laxal en Rebordáns acollerá o martes 25, ás 21.30 h, a Noite Internacional do Miño coa participación dos grupos Hei Show Tamure de Tahití, Akademsko Drustvo Novi Beograd de Serbia e African Zebra Kings de África do Sur.

O evento está organizado pola Escola de Baile e Música San Fins, coa colaboración do Concello de Tui.

Sons na rúa

 "Sons na Rúa" encherá de música o Paseo da Corredoira  o venres 11 e o luns 14 de agosto. 

O venres 11 de agosto ás 21 h no Paseo da Corredoira estará en concerto KM Zero, e ás 22 h  Manuel Madarnás.

KmZero é un grupo tudense creado en Rebordáns e conformado por Karla Lima (voz) e Fran Gómez (guitarra). Ambos realizan versións de temas actuais pero tamén máis clásicos e recoñecidos, recurrindo ao pop. 

IKFEM 2023 brindará doce concertos na Eurocidade Tui-Valença

Undefined

Doce concertos na Eurocidade Tui-Valença son os que brindará o IKFEM 2023, un festival que foi presentado esta mañá en Santiago. Na rolda de prensa participaron a directora do Festival, Andrea González, os alcaldes de Tui e Valença, Enrique Cabaleiro e José Manuel Carpinteira, o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, e Alfonso Louro, xerente da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal.

Exposición pictórica de Chuny Vázquez

Este venres, 7 de xullo, terá lugar, ás 20.30 h, a inauguración da , unha referencia artística na comarca do Baixo Miño.

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no edificio Francisco Sánchez, acolle do 7 ao 28 de xullo a exposición pictórica de Chuny Vázquez "“Un canto á cor, á vida”,

Nesta exposición Chuny Vázquez realiza un percorrido pola súa traxectoria artística a través de máis dunha trintena de cadros de diversas temáticas e técnicas.

 

Este venres inaugúrase en Tui a mostra pictórica de Chuny Vázquez “Un canto á cor, á vida”

Undefined

Este venres, 7 de xullo, terá lugar, ás 20.30 h, a inauguración da exposición pictórica  “Un canto á cor, á vida” de Chuny Vázquez, unha referencia artística na comarca do Baixo Miño. Será na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no edificio Francisco Sánchez.

Catorce bandas de Galiza e Portugal presentarán os seus traballos no mercado musical do MUMI en setembro

Undefined

Despois dun duro proceso de selección motivado polo éxito de convocatoria que se pechou cun total de 244 propostas artísticas candidatadas para os showcases, o MUMI anuncia as bandas e artistas que van configurar o programa profesional da feira entre o 21 e o 24 de setembro. Oito nomes de Galiza e seis de Portugal amosarán ao público, profesional e tamén xeral, a diversidade de propostas musicais que conviven na escena actual.
 

Tui celebra o CXXXII Aniversario dos Xogos Florais de Galicia

Galego

O Concello de Tui conmemorará esta semana o CXXXII aniversario da celebración na nosa cidade dos Xogos Florais de Galicia, que tiveron lugar do 24 ao 26 de xuño do ano 1891 e que marcaron un singular fito na historia de Galicia, ao ser o primeiro acto público celebrado integramente na nosa lingua e que coloca á nosa cidade como lugar primixenio na recuperación do noso idioma e do seu uso público.

Esta conmemoración abrangue dúas actividades:

Tui comeza o mes de xullo coa celebración do III Festival da Cultura Tradicional e Folk

Galego

A praza de San Fernando, o Paseo da Corredoira e o Teatro Municipal de Tui van ser este ano os escenarios do III Festival da Cultura Tradicional e Folk que organiza a Asociación Cultural San Telmo de Tui co patrocinio do Concello de Tui xunto a outras entidades.

Este evento, que aposta pola nosa cultura tradicional, celebrarase o sábado 1, o domingo 2 e o venres 7 de xullo.

Rodrigo Buján recibiu o premio do IV Concurso de microrrelatos da Red de Juderías de España

Galego

O alumno de 2º da ESO do Colexio Santa María – Maristas de Tui, Rodrigo Buján Fernández, foi seleccionado como un dos gañadores do IV Concurso de microrrelatos convocado pola Red de Juderías de España entre os alumnos de 1º e 2º de educación secundaria de toda España.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura